Obradoiros de Saúde e Natureza

Partilla de coñecementos, remedios tradicionais, plantas menciñeiras, saberes antergos… e moito mais..

Obradoiros de Herbas Medicinais

Valoramos e transmitimos a sabedoría tradicional coa que curaban as nosas avoas.

Xabón e Cosmética Natural

Aprendemos a facer cosmética respeitosa coa nosa pel e co planeta.

Alucina coa Alquimia!

Obradoiros para aprender química e matemática dun xeito ameno e divertido.

Cursos e Obradoiros online

Vídeos, bibliografía e asistencia online para aprender desde a casa.

Obradoiros de herbas medicinais

Chantaxe, herba do fogo, marabilla… todas elas son plantas comúns que as nosas avoas utilizaban como remedios, un coñecemento que foi caendo no esquecimento ou morrendo baixo o asfalto e a vida artificiosa das cidades. Hoxe, cada vez mais, sentimos a enorme perda que iso supuxo e tentamos recuperar, na medida do posíbel, aqueles saberes ancestrais, ao tempo que devolvemos a dignidade e a memoria a aquelas que protagonizaran, durante centos de anos, a nosa medicina popular.

Os obradoiros que imparto están orientados á aprendizaxe, o empoderamento e a partilla de saberes, nun espazo ameno onde a anécdota liga co coñecemento profundo dos usos ancestrais das plantas da nosa contorna. Facemos fincapé na interpretación da sabedoria popular desde outras cosmovisións distintas (a fitoterapia, as medicinas tradicionais de outras latitudes etc) para devolver á nosa tradición o respeito que lle foi negado.

Traballamos sempre con herbas vivas e con saídas pola zona, o que facilita enormemente a identificación e o coñecemento das plantas. Procuramos traballar con elas: cultivándoas, recolléndoas, elaborándoas en ungüentos ou tinturas… como o mellor xeito de conectar con elas e aprender delas tamén.

Acompañamos os obradoiros con apuntes para poder seguir aprofundizando nos temas expostos e, sempre que for posible, continuamos a comunicación por medio de grupos creados en redes sociais para tal fin.

Xabón e cosmética natural

Nos obradoiros de xabón imos conectar con esta tarefa que recordaremos das nosas nais e avoas, agora con técnicas modernas e controladas que nos permitirán un acabado moito máis coidado: imos facer xabón cosmético, 100% natural, coidadoso coa nosa pel e co noso planeta!

Ademais, en tempos axitados, imos contruir un espazo de traballo onde desenvolver a nosa criatividade, centrar a atención e desfrutar e relaxarnos na maxia alquímica da saponificación. Apetéceche?

Xabón elaborado pola técnica tradicional de saponificación, o autentico xabón artesanal (non son bases de glicerina para derreter!) Aprenderemos as dúas técnicas principais, a elaboración en frío e en quente (hot process e cold process), os pros e contras de cada unha delas, e diferentes técnicas de decoración que se adaptan a cada un dos procedementos.

E ainda mais!

Se queres aprender a facer champú, pinta-labios, desdorante, crema hidratante… cos principios activos que nos proporciona a natureza que medra ao noso redor, o que desexas é un obradoiro de cosmética natural.

Como sempre, adaptandonos ao grupo e aos vosos desexos e espectativas, podemos comezar a elaborar unha proposta de datas, duración, número de participantes.

Alucina coa Alquimia!

“Alucina coa alquimia!” son obradoiros para rapaces e rapazas de diferentes idades, para aprender desde a maxia da saponificación, a emulsión, a extracción de princípios activos… conceptos de química e matemáticas dun xeito ameno e divertido.

Para nenos e nenas fago obradoiros centrados na identificación e aprendizaxe de plantas medicinais, xogando cos recursos que nos ofrece o entorno. Con ingredientes sinxelos podemos elaborar “pócimas” caseiras que nos sirvan de champú ou colonia, e nunca olvidaremos os seus ingredientes!

Para adolescentes, que mellor forma de aprender química que elaborando cosméticos? Un obradoiros no que, alén de aprender, trataremos de conscienciar sobre o perigo do abuso da cosmética baseada nos derivados do petróleo.

Comecemos a elaborar unha proposta! Desde sesións pequenas ate cursos semanais para actividades extraescolares, todo é posible!

“A medicina popular é cultura e identidade, xurdida da observación das herbas que acompañan o día a día da vida rural galega e do seu abrazo coa saúde e a enfermidade dos corpos que habitan o noso territorio. É aos nosos corpos algo semellante ao que a agricultura tradicional e ecolóxica é aos nosos cultivos: un exemplo de autoxestión con base nos propios recursos”

Maria Frá Bagaria

Desde hai anos dedícome á recopilación e divulgación de saberes relacionados con herbas medicinais do noso entorno, e á elaboración de xabón e cosméticos con uns ingredientes moi especiais: as nosas herbas menciñeiras.

Son autora do libro Remedios da nosa horta medicinal (Baia, 2019), e imparto obradoiros e formacións ao longo de toda a xeografia galega.

Queres organizar unha actividade?

Please enable JavaScript in your browser to complete this form.
  • Os datos persoais que podas proporcionar ao utilizar o formulario de contacto desta web pasarán a facer parte dun ficheiro do que é responsábel Maria Frá Bagaria.
  • O tratamento destes datos terá por finalidade única á atención á consulta ou suxerencia formulada, con base no interese lexítimo do responsábel. Os teus datos personais non serán utilizados para outro fin, e non serán cedidos a terceiras partes sen o teu consentimento.
  • Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dirixíndote ao responsábel via e-mail. Se consideras que os teus dereitos no que respeita á protección de datos foron vulnerados, tes dereito a presentar unha reclamación ante a AEPD.

Entre outros colectivos e institucións, teño traballado con:

Scroll to Top