Alucina coa alquimia

Actividades para escolares ou adolescentes. Aprender bioloxía, botánica, matemáticas ou química de forma fácil e divertida

Os obradoiros con menores pódense organizar no contexto de actividades puntuais, para dinamizar os espazos infantís ou xuvenís en feiras, congresos, campamentos e todo tipo de eventos.

Son moitas as posibilidades que se poden propor ao redor da alquimia natural para realizar cos mais pequenos, e non tan pequenos: Desde obradoiros de xabón ou de identificación de plantas para nenos e nenas desde 3 anos, ate actividades extra-escolares de cosmética natural para adolescentes… que mellor forma que aprender química que motivadas pola posibilidade de formular maquillaxe?

Os obradoiros de DEVAGAR permiten aos participantes a adquisición de aptitudes e actitudes respecto ao medio ambiente dunha forma amena e participativa. Trátase tamén de actividades deseñadas con sensibilidade cara a recuperación e conservación do noso patrimonio natural e inmaterial.

Consulta as posibilidades segundo o grupo (idades, dispoñibilidade do espazo, horarios, etc).