Apicosmética: Introdución a cosmética natural elaborada con produtos da colmea

Desde fai milleiros de anos os produtos da colmea utilizáronse polas súas virtudes medicinais que, aplicadas con fins cosméticos, converten estes ingredientes en imprescindibles para o cuidado e a beleza da pel e do cabelo, desde unha perspectiva natural. Nos cursos de cosmética apícola imos ir mais alá das mascaras hidratantes de mel de Cleopatra, para aprender a elaborar outras receitas mais sofisticadas, que nos permitan diversificar os produtos do apiario. Por iso o curso contén unhas nocións básicas sobre formulación e un amplo receitario para poder continuar coa aprendizaxe.

Os cursos de cosmética apícola son un interesante reclamo para os negocios de turismo rural; poden complementar as actividades das explotacións ofrecendo actividades de achegamento ao fascinante mundo das abellas e, en xeral, son unha actividade que desperta moito interese dentro de calquera evento formativo.

Polen, mel, cera, xelea real e própole son os protagonistas de esta doce actividade, na que todas as persoas participantes recibirán un dossier con numerosas receitas e unha mostra dos produtos elaborados.

Consulta o temario aquí