Cosmética natural

Produtos para a pel e o cabelo con plantas medicinais do noso entorno

As persoas interesadas en coidar a sua saúde e a do medio ambiente cada vez mais se preocupan por coñecer a composición dos produtos que utilizan para a hixiene e o cuidado externo do corpo, aprender a identificar ingredientes nocivos e procurar alternativas saudables. Con estas inquedanzas, a cosmética elaborada por nós mesmas e con plantas do noso entorno, aparece como a alternativa mais segura, ecolóxica e económica.

Uns coñecementos básicos permitirannos desfrutar de cosméticos frescos, con materias primas de km 0, manipuladas minimamente para que conserven todas as súas propiedades. A maxia da alquimia nas nosas cociñas! Devagar, como se fan as boas cousas, a maneira mais gozosa de vivir a cosmética slow.

Os obradoiros de cosmética acompáñanse de multitude de información e receitas para proseguir este camiño, e as persoas participantes levarán unha mostra dos produtos elaborados (cremas faciais, leites corporais, champú, etc,..) con ingredientes naturais e ecolóxicos.

Consulta temario aquí