obradoiros

Obradoiros (devagar)

Nos obradoiros (devagar) deixamonos levar polas sensacións que nacen do contacto coas plantas vivas e coas materias primas naturais… divulgando e compartindo coñecementos sobre saúde e beleza; convertendo inquedanzas en alternativas sustentables e saudables para o noso organismo.

Os obradoiros (devagar) están pensados para realizarse en negocios de lecer, concellos, asociacións, ANPAs, centros sociais ou dentro da programación de calquera outra institución pública ou privada, así como para grupos de persoas interesadas nalgún contido específico.

Como é de numeroso o teu grupo? Que idades comprende? Como é o teu espazo? Canto tempo queres que dure? De que orzamento dispós? Queres que o publicitemos?

Saberes

Aquí tes algunhas ideas para comezar a organizar o obradoiro de ese evento especial! Non dubides en contactar comigo para consultar calquera dubida e darlle forma a esa actividade que estás imaxinando. Mentres e tanto, aquí che deixo algunhas ideas que teño desenvolvido nos últimos anos.










Remedios da nosa flora medicinal
Sendas Naturais
Plantas medicinais do Camiño
Partilla de Saberes
























Cosmética Natural
Api-cosmética
Xabón Arte-san
Alucina coa Alquímia!