Plantas menciñeiras do Camiño de Santiago

O obxectivo de este curso é familiarizarnos coa botica de primeiros auxilios que nos rodea ao tempo que contamos unha longa e vella historia.

Polo Camiño de Santiago introducíronse na península formas culturais e artísticas de toda Europa. Do mesmo xeito, é profunda a pegada que marcou o intercambio de saberes sobre plantas medicinais nos pobos do Camiño, e en xeral a influencia na medicina medieval galega. O Camiño de Santiago foi unha ruta de esperanza para milleiros de enfermos que botaron a andar coa fe de encontrar a cura na sua devoción ao Santo, como de moitos outros que saían ás portas para encontrar un bo diagnóstico entre as opinións dos camiñantes, iluminados pola experiencia obtida na peregrinación.

A medicina no camiño foi elaborada, principalmente, a base de plantas medicinais, e moitos dos remedios aos que acudían os romeiros teñen tanta vixencia e utilidade hoxe como no século XII. Se o camiño é unha forma de re-encontrarse espiritualmente, de achegarse á natureza e estreitar os vínculos con ela, que mellor forma de facelo que aliviando as molestias da viaxe coas plantas menciñeiras que topamos ao noso paso?

Aprendizaxes que nos acompañaran para a vida, saberes que fan distinta a experiencia do Camiño.

Consulta o temario aquí