sendas naturais

Visitas guiadas para a identificación de plantas medicinais en entornos naturais.

As sendas botánicas ofrecen moitas posibilidades para o entretemento e a aprendizaxe: Desde conseguir identificar e nomear unhas cantas especies medicinais; familiarizarnos coas técnicas da recolección e conservación; elaborar produtos naturais con plantas vivas (a expresión mais saudable da cosmética fresca!) ou aprender a recoñecer o botequín vivo que nos rodea nos nosos paseos.

As sendas naturais poden complementar outras actividades. O entorno do teu negocio, un parque do concello,.. poden ser escenarios perfectos para dar unha clase sobre usos medicinais das plantas. A elaboración de herbarios, físicos ou fotográficos, pode ser outro aliciente para esta actividades.

Seguro que te sorprendes das posibilidades que ofrece ese lugar especial… atréveste a descubrilo?

Consulta o temario aquí