Xabón arte-san

Xabón con ingredientes naturais e técnicas de decoración do xabón

A artesanía do xabón é unha actividade atrainte e útil, un medio onde expresar a nosa creatividade e onde a satisfacción da confianza en nós mesmas nos manterá activas. Entender como se elabora o xabón non é o obxectivo final, se non un proceso que nos prepara para avanzar mellor nesta arte. Despois deste obradoiro quedarán abertas moitas portas e o espírito da curiosidade nos incitará a seguir adiante!

As posibilidades deste obradoiro son moitas e poden depender do grupo ao que se dirixa, os seus intereses, os seus coñecementos previos etc. Tamén poden centrarse en diferentes temáticas do xabón: xabón natural, xabón con plantas medicinais, técnicas de decoración, perfumes, colorantes e outros aditivos etc.

Consulta as posibilidades: cóntame como é o teu local, o número de persoas, o que vos interesa aprender ou o enfoque que queredes darlle a actividade (DIY, reciclaxe de aceites, recursos naturais,..), e organizamos un taller de saponificación!

Consulta o temario aquí