
Formación en cosmética natural
En Devagar convidamos a descubrir unha maneira máis consciente, saudable e gozosa de coidar a pel e a hixiene persoal.
Formación en benestar e coidados naturais a través da elaboración de cosmética feita con plantas medicinais e ingredientes 100% naturais.
Unha proposta para aprender a crear produtos de hixiene e coidado persoal desde unha mirada consciente, saudable e respectuosa co medio, recuperando saberes tradicionais e conectando coa riqueza do noso entorno.
Para concellos, asociacións, centros sociais e outros colectivos que desexen ofrecer actividades formativas vinculadas ao benestar, á cultura e á autonomía nos coidados.
Aprender facendo

Obradoiros prácticos nos que as persoas participantes descobren como transformar plantas e ingredientes naturais en produtos útiles para o día a día.
Ao longo da formación trabállase:
- o recoñecemento de plantas con usos cosméticos
- a preparación de aceites e extractos vexetais
- a lectura de etiquetas e identificación de ingredientes nocivos
- a elaboración de receitas sinxelas para o coidado diario
Un espazo para experimentar, crear coas mans e recuperar a sabedoría dos coidados lentos.
Dous obradoiros complementarios:
Cosmética natural I
Coidado do cabelo, rostro e mans.
Elaboración de:
- champú herbal
- bálsamo labial
- crema facial
- crema de mans
Cosmética natural II
Hixiene corporal e coidado diario.
Elaboración de:
- desodorante natural
- xel de ducha
- crema corporal
- pasta de dentes
Todos os materiais están incluídos e cada participante leva as súas propias elaboracións.

Benestar, cultura e territorio
Unha experiencia formativa para promover hábitos máis sostibles, coñecer mellor o que aplicamos na pel e recuperar a conexión entre plantas, saúde e cultura popular.
Ideal para programacións de benestar, igualdade, saúde comunitaria, medio ambiente e recuperación de saberes tradicionais.