Formación en benestar e saberes naturais

Obradoiros para a aprendizaxe e recuperación da sabedoría tradicional das plantas medicinais e outros saberes naturais, conectando a tradición e cultura propias coa riqueza do noso entorno.

Para entidades, asociacións e colectivos que desexan ofrecer actividades formativas vinculadas ao benestar, á cultura e á conexión co entorno natural.

Herbas Medicinais

Plantas do entorno, con enfoque práctico e vivencial

Cosmética Natural

Respeitosa coa nosa pel e co planeta.

Xabón artesanal

Elaboración de xabón con ingredientes naturais.

Fogar limpo e saudable

Limpeza natural e libre de tóxicos.

Entre outros colectivos e institucións, teño traballado con:

Enfoque vivencial e comunitario: Aprendemos facendo e compartindo, creando un espazo de encontro onde o grupo é o protagonista da experiencia.

Deseño segundo o grupo: Cada obradoiro é único; adaptamos o contido, o ritmo e a profundidade ás necesidades e interese específicos de cada colectivo.

Sesión práctica: Menos teoría e máis man na masa. Todo o aprendido aplícase de inmediato con plantas, ingredientes e ferramentas reais.

Materiais incluídos: Non tes que preocuparte por nada; levamos todo o necesario para que as usuarias/os poidan concentrarte só en aprender e disfrutar.

Plantas das mulleres. Formación 2020

Espazos de aprendizaxe que actúan como ferramentas de transformación social e persoal

Recuperar a memoria: Volver conectar coas raíces e a sabedoría das avoas.

Fomentar a saúde: Coidados naturais que fortalecen a rede veciñal.

Impulsar o local: Valorizar os recursos propios e a economía artesanal.

Crear lazos: Converter o lecer en encontro e aprendizaxe compartida.

Aprender vivindo: Experimentar directamente coa natureza, fóra das aulas.

cursos plantas medicinais

Por que estes obradoiros son diferentes?

O obxectivo final é que cada participante saia do obradoiro non só co coñecemento, senón coa confianza e as ferramentas necesarias para aplicar o aprendido no seu día a día, no seu fogar e na súa comunidade.

Contextualizados: Adaptamos o contido á realidade do teu concello ou asociación. Falamos das plantas que hai no teu monte, dos recursos que xa tes dispoñibles, das historias da tua xente.

Inclusivos: Diseñamos actividades que funcionan para calquera tipo de público, garantindo que todo o mundo poida participar e sentirse parte do proceso.

Sostibles: O enfoque é sempre o respecto ao medio ambiente, os coñecementos tradicionais e os recursos própios.

O obxectivo final é que cada participante saia do obradoiro non só co coñecemento, senón coa confianza e as ferramentas necesarias para aplicar o aprendido no seu día a día, no seu fogar e na súa comunidade.

Remedios da nosa horta medicinal. Baia, 2019

Son Maria Fra.

Desde fai anos adico-me a recopilación e divulgación de saberes relacionados con herbas medicinais da nosa contorna e, tirando por ese mesmo fío, á elaboración de xabón e cosméticos con uns ingredientes moi especiais: as nosas herbas menciñeiras.

Son autora do libro Remedios da nosa horta medicinal (Baia, 2019), e nesta mesma faceta de divulgadora, teño impartido obradoiros e formacións ao longo de toda a xeografia galega.

Foto de Marcos Atrio

Referencias nos medios:

Obradoiros
Entrevista

Queres organizar unha actividade?

Scroll to Top