
Obradoiros de cosmética natural para o fogar
Formación en benestar e coidados naturais aplicada á limpeza da casa, da roupa e dos espazos comúns, a través da elaboración de produtos caseiros sen tóxicos.
Limpeza saudable, aforro e reciclaxe

Unha proposta para aprender a limpar o fogar dunha maneira máis saudable, económica e respectuosa co medio, recuperando saberes tradicionais e transformando ingredientes sinxelos en solucións eficaces para o día a día.
Para concellos, asociacións, centros sociais e outros colectivos que desexen ofrecer actividades formativas vinculadas á saúde ambiental, ao aforro doméstico, á reciclaxe e aos coidados sostibles.
Aprender a limpar sen tóxicos
Un obradoiro práctico para descubrir alternativas naturais aos produtos convencionais de limpeza, reducindo contaminantes no fogar sen renunciar á eficacia.
Ao longo da formación trabállase:
- por que abandonar os produtos de limpeza convencionais
- a recuperación de saberes tradicionais como a lixivia de cinsa ou o xabón das avoas
- o aproveitamento de aceites usados
- a elaboración de xabóns multiusos e produtos para roupa
- extractos de plantas antisépticas e perfumadas
- receitas para cociña, baño, chans e superficies
Un espazo para experimentar, aforrar e recuperar autonomía nos coidados do fogar.
Este obradoiro combina saúde, sostibilidade e economía doméstica.
As persoas participantes aprenden a:
- reutilizar aceites usados
- reducir residuos e envases
- empregar plantas do entorno
- crear limpadores multiusos
- perfumar a casa e a roupa de forma natural
- coidar madeira, roupa e superficies delicadas
Unha forma sinxela de mellorar a saúde do fogar e diminuír o impacto ambiental das tarefas domésticas.
O que se elabora

Durante a parte práctica realízanse diferentes elaboracións de limpeza natural, entre elas:
- xabón multiusos
- limpador multiusos
- xabón de potasa
- ambientador natural
Cada participante leva mostras das elaboracións realizadas, xunto cun e-book en PDF coas receitas e os contidos da clase.
Benestar, cultura e fogares saudables
Unha experiencia formativa ideal para programas de:
- saúde comunitaria
- sustentabilidade e medio ambiente
- educación para o consumo responsable
- reciclaxe e economía circular
- recuperación de saberes tradicionais
- benestar no fogar
Especialmente pensado para entidades que queiran promover fogares máis sans, menos contaminantes e máis conectados cos saberes de sempre.