Formación en cosmética natural

Formación en benestar e coidados naturais a través da elaboración de cosmética feita con plantas medicinais e ingredientes 100% naturais.

Unha proposta para aprender a crear produtos de hixiene e coidado persoal desde unha mirada consciente, saudable e respectuosa co medio, recuperando saberes tradicionais e conectando coa riqueza do noso entorno.

Para concellos, asociacións, centros sociais e outros colectivos que desexen ofrecer actividades formativas vinculadas ao benestar, á cultura e á autonomía nos coidados.


Aprender facendo

Obradoiros prácticos nos que as persoas participantes descobren como transformar plantas e ingredientes naturais en produtos útiles para o día a día.

Ao longo da formación trabállase:

  • o recoñecemento de plantas con usos cosméticos
  • a preparación de aceites e extractos vexetais
  • a lectura de etiquetas e identificación de ingredientes nocivos
  • a elaboración de receitas sinxelas para o coidado diario

Un espazo para experimentar, crear coas mans e recuperar a sabedoría dos coidados lentos.


Dous obradoiros complementarios:

Cosmética natural I

Coidado do cabelo, rostro e mans.

Elaboración de:

  • champú herbal
  • bálsamo labial
  • crema facial
  • crema de mans

Cosmética natural II

Hixiene corporal e coidado diario.

Elaboración de:

  • desodorante natural
  • xel de ducha
  • crema corporal
  • pasta de dentes

Todos os materiais están incluídos e cada participante leva as súas propias elaboracións.

curso cosmetica

Benestar, cultura e territorio

Unha experiencia formativa para promover hábitos máis sostibles, coñecer mellor o que aplicamos na pel e recuperar a conexión entre plantas, saúde e cultura popular.

Ideal para programacións de benestar, igualdade, saúde comunitaria, medio ambiente e recuperación de saberes tradicionais.

Queres organizar unha actividade?

Scroll to Top