Obradoiros de cosmética natural para o fogar

Limpeza saudable, aforro e reciclaxe

Unha proposta para aprender a limpar o fogar dunha maneira máis saudable, económica e respectuosa co medio, recuperando saberes tradicionais e transformando ingredientes sinxelos en solucións eficaces para o día a día.

Para concellos, asociacións, centros sociais e outros colectivos que desexen ofrecer actividades formativas vinculadas á saúde ambiental, ao aforro doméstico, á reciclaxe e aos coidados sostibles.


Aprender a limpar sen tóxicos

Un obradoiro práctico para descubrir alternativas naturais aos produtos convencionais de limpeza, reducindo contaminantes no fogar sen renunciar á eficacia.

Ao longo da formación trabállase:

  • por que abandonar os produtos de limpeza convencionais
  • a recuperación de saberes tradicionais como a lixivia de cinsa ou o xabón das avoas
  • o aproveitamento de aceites usados
  • a elaboración de xabóns multiusos e produtos para roupa
  • extractos de plantas antisépticas e perfumadas
  • receitas para cociña, baño, chans e superficies

Un espazo para experimentar, aforrar e recuperar autonomía nos coidados do fogar.

Este obradoiro combina saúde, sostibilidade e economía doméstica.

As persoas participantes aprenden a:

  • reutilizar aceites usados
  • reducir residuos e envases
  • empregar plantas do entorno
  • crear limpadores multiusos
  • perfumar a casa e a roupa de forma natural
  • coidar madeira, roupa e superficies delicadas

Unha forma sinxela de mellorar a saúde do fogar e diminuír o impacto ambiental das tarefas domésticas.


O que se elabora

Durante a parte práctica realízanse diferentes elaboracións de limpeza natural, entre elas:

  • xabón multiusos
  • limpador multiusos
  • xabón de potasa
  • ambientador natural

Cada participante leva mostras das elaboracións realizadas, xunto cun e-book en PDF coas receitas e os contidos da clase.


Benestar, cultura e fogares saudables

Unha experiencia formativa ideal para programas de:

  • saúde comunitaria
  • sustentabilidade e medio ambiente
  • educación para o consumo responsable
  • reciclaxe e economía circular
  • recuperación de saberes tradicionais
  • benestar no fogar

Especialmente pensado para entidades que queiran promover fogares máis sans, menos contaminantes e máis conectados cos saberes de sempre.


Queres organizar unha actividade?

Scroll to Top