
Obradoiros de cosmética natural para o fogar
Formación en benestar e coidados naturais aplicada á limpeza da casa, da roupa e dos espazos comúns, a través da elaboración de produtos caseiros sen tóxicos.
Limpeza saudable, aforro e reciclaxe

Unha proposta para aprender a limpar o fogar dunha maneira máis saudable, económica e respectuosa co medio, recuperando saberes tradicionais e transformando ingredientes sinxelos en solucións eficaces para o día a día.
Para concellos, asociacións, centros sociais e outros colectivos que desexen ofrecer actividades formativas vinculadas á saúde ambiental, ao aforro doméstico, á reciclaxe e aos coidados sostibles.
Aprender a limpar sen tóxicos
Un obradoiro práctico para descubrir alternativas naturais aos produtos convencionais de limpeza, reducindo contaminantes no fogar sen renunciar á eficacia.
Ao longo da formación trabállase:
- por que abandonar os produtos de limpeza convencionais
- a recuperación de saberes tradicionais como a lixivia de cinsa ou o xabón das avoas
- o aproveitamento de aceites usados
- a elaboración de xabóns multiusos e produtos para roupa
- extractos de plantas antisépticas e perfumadas
- receitas para cociña, baño, chans e superficies
Un espazo para experimentar, aforrar e recuperar autonomía nos coidados do fogar.
Este obradoiro combina saúde, sostibilidade e economía doméstica.
As persoas participantes aprenden a:
A formación está deseñada como unha viaxe dende a química básica ata a práctica artesanal:
- Desmontar mitos: Entenderemos por que o “cheiro a limpo” é un mito e como a publicidade nos vende unha ilusión de hixiene a costa da nosa saúde respiratoria.
- A Nova Cesta da Compra: Descubriremos os 5 ingredientes imprescindibles (Bicarbonato, Carbonato, Percarbonato, Ácido Cítrico e Xabón Natural) que poden substituír a ducias de botes de plástico.
- Xabonería Circular: Aprenderemos a técnica da saponificación para transformar o aceite usado de cociña nun potente limpador, pechando o ciclo da reciclaxe na propia casa.
- Solucións para cada recuncho: Receitas específicas para cociña, baños, cristais, madeiras, mármore… e o tratamento natural do balor.
Unha forma sinxela de mellorar a saúde do fogar e diminuír o impacto ambiental das tarefas domésticas.

Materiais pedagóxicos de alto valor
Neste curso non só entregamos receitas; ofrecemos un completo manual de apuntes técnicos e prácticos de mais de 50 páxinas, deseñado para que o coñecemento perdure. Ao realizar o obradoiro, cada participante recibirá:
- A Guía da Nova Cesta da Compra: Un estudo detallado dos 5 ingredientes básicos (bicarbonato, carbonato, percarbonato, ácido cítrico e xabón natural) para substituír ducias de botes de plástico por alternativas 100% biodegradables e económicas
- Manual de Xabonería Artesanal: Unha guía paso a paso para aprender a química da saponificación, transformando o aceite reciclado nun limpador potente, fomentando así a economía circular.
- Dossier de “Lectura de Etiquetas”: Unha ferramenta clave para aprender a “ler entre liñas” os códigos ocultos (INCI e rangos de concentración) e evitar o greenwashing comercial.
- Recetario Avanzado: Máis de 30 fórmulas específicas para cada recuncho da casa: dende o tratamento do balor con aceite de árbore do té ata o pulido natural de madeiras e mármores.
O que se elabora

Durante a parte práctica realízanse diferentes elaboracións de limpeza natural, entre elas:
- xabón multiusos
- limpador multiusos
- xabón de potasa
- ambientador natural
Cada participante leva mostras das elaboracións realizadas, xunto cun e-book en PDF coas receitas e os contidos da clase.
Benestar, cultura e fogares saudables
Unha experiencia formativa ideal para programas de:
- saúde comunitaria
- sustentabilidade e medio ambiente
- educación para o consumo responsable
- reciclaxe e economía circular
- recuperación de saberes tradicionais
- benestar no fogar
Especialmente pensado para entidades que queiran promover fogares máis sans, menos contaminantes e máis conectados cos saberes de sempre.