Obradoiros de plantas medicinais para entidades e colectivos

Actividades dirixidas a asociacións, concellos, centros sociais, grupos de mulleres, colectivos interxeracionais e espazos comunitarios en Ourense e no resto de Galicia.


Os obradoiros de plantas medicinais están deseñados para achegar ás persoas participantes ao coñecemento vivo da flora medicinal de tempada.

Traballamos sempre con plantas frescas e exemplares reais, favorecendo a aprendizaxe da identificación, a observación dos detalles e a comprensión dos seus usos tradicionais e modernos.

A metodoloxía combina:

  • identificación práctica
  • partilla de saberes
  • elaboración de preparados
  • saídas ao entorno
  • creación do propio botiquín natural

Todo desde un enfoque participativo, ameno e adaptado ao grupo.


O que se aprende

Identificación e recoñecemento

Aprendizaxe de arredor de 20 a 40 plantas medicinais do entorno, segundo a estación do ano.

Colleita e conservación

Criterios básicos de recollida, secado e conservación.

Preparados medicinais

Elaboración de:

  • infusións
  • decoccións
  • tinturas
  • aceites medicinais
  • bálsamos
  • xaropes
  • cremas
  • cataplasmas

Botiquín natural

Introdución á creación dun pequeno botiquín familiar con remedios básicos.

Sabedoría popular

Recuperación dos usos tradicionais das plantas e transmisión oral dos saberes.


Parte práctica

Cada obradoiro inclúe unha parte experiencial na que o grupo elabora diferentes receitas.

Segundo o formato, pode ser:

  • bálsamo medicinal
  • crema natural
  • aceite macerado
  • xarope
  • ungüento

Cada participante leva unha mostra da elaboración realizada.


Sendas menciñeiras

Tamén ofrezo o formato roteiro interpretativo de plantas silvestres, medicinais e comestibles.

Unha experiencia pensada para:

  • aprender a identificar flora do entorno
  • camiñar con outra mirada
  • coñecer plantas medicinais e comestibles
  • desfrutar da natureza desde a observación

Inclúe:

  • saída guiada
  • identificación de 20–25 especies
  • ebook cos contidos
  • recomendacións bibliográficas
  • acompañamento posterior para dúbidas
cursos plantas medicinais

Para quen están pensados

Estes obradoiros adáptanse especialmente ben a:

  • asociacións culturais
  • grupos de mulleres
  • centros de maiores
  • concellos
  • colectivos rurais
  • centros sociais
  • programas de benestar
  • actividades interxeracionais
  • educación ambiental

Duración e formato

Os formatos poden adaptarse segundo o colectivo:

Obradoiro formativo

  • De 5 a 25 horas.
  • parte teórica + práctica
  • posible saída ao entorno

Senda menciñeira

  • 2 a 2,5 horas
  • saída guiada
  • máximo 25 persoas
Plantas das mulleres. Formación 2020

Herbas das mulleres

Un obradoiro de partilla de saberes e recuperación da memoria medicinal feminina, pensado para actividades arredor do 8M, igualdade e saúde comunitaria.

Trabállase:

  • a medicina tradicional desde unha perspectiva de xénero
  • o papel histórico das mulleres nos coidados
  • a deslexitimación dos saberes populares
  • as plantas medicinais do noso entorno
  • a partilla de receitas e remedios
  • elaboración dun bálsamo medicinal

Un espazo especialmente valioso para asociacións de mulleres, programas de igualdade e actividades interxeracionais.

Remedios da nosa horta medicinal. Baia, 2019

Levemos a sabedoría das plantas ao voso colectivo

Deseño propostas adaptadas ás características do grupo, idade das participantes, duración e intereses específicos.

Se queredes organizar un obradoiro de plantas medicinais, unha senda menciñeira ou unha actividade arredor do botiquín natural, escribídeme e prepararei unha proposta personalizada.

Queres organizar unha actividade?


Scroll to Top