Política de Privacidade
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e da Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD), infórmase ao usuario do seguinte:
Responsable do tratamento
Maria Fra Bagaria
NIF. 33348943R
Domicilio Fiscal: Oxén, 21. Vilamarín
devagar@devagar.eu
Que datos tratamos e por que?
En función da túa relación coa responsable, podemos tratar os seguintes datos:
1. Consultas e Formulario de Contacto. Se te pos en contacto connosco mediante formulario, correo electrónico, teléfono ou servizo de mensaxería poderemos tratar, segundo tu nolos facilites, estes datos:
- nome e apelidos
- enderezo de correo electrónico
- número de teléfono
- ocupación e entidade na que traballas
- calquera outro dato incluído na mensaxe
Finalidade: atender e responder a consulta realizada.
2. Relación comercial. Se contratas os nosos servizos, trataremos:
- datos identificativos
- datos de contacto
- datos necesarios para a facturación
Finalidade: xestión da relación contractual, prestación do servizo e cumprimento de obrigas legais.
3. Newsletter. Se te subscribes á nosa newsletter, trataremos o teu enderezo de correo electrónico.
Finalidade: envío de comunicacións informativas e comerciais relacionadas coa nosa actividade.
Cal é a base xurídica que lexitima estes tratamentos?
As bases xurídicas que nos lexitiman a tratar os datos persoais que nos proporcionas son:
- Execución dun contrato (art. 6.1.b RXPD): para a prestación de servizos
- Cumprimento de obrigas legais (art. 6.1.c RXPD): especialmente en materia fiscal
- Interese lexítimo (art. 6.1.f RXPD): para responder consultas realizadas por ti
- Consentimento (art. 6.1.a RXPD): para o envío de newsletter
Conservación dos teus datos persoais
Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos:
- Consultas: ata a súa resolución e, no seu caso, durante o tempo necesario para atender posibles responsabilidades
- Clientes: durante a relación contractual e posteriormente durante os prazos legais aplicables
- Newsletter: ata que retires o teu consentimento
Con quen compartimos os teus datos?
Os teus datos poderán ser tratados por provedores de servizos necesarios para a nosa actividade, que actuarán como encargados do tratamento, entre eles:
- WPForms, para a xestión do formulario de contacto
- Zoho mail, para servizos de correo electrónico e comunicación
- Servizos de mensaxería dixital como Signal, Whatsapp ou Telegram
Estes provedores acceden aos datos unicamente para prestar o servizo correspondente e baixo as nosas instrucións.
Algúns dos provedores indicados poderían tratar datos fóra da UE. Nestes casos, garantimos que se adoptan as medidas adecuadas conforme á normativa aplicable para asegurar un nivel de protección equivalente ao europeo.
Que dereitos tes sobre os teus datos?
Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dirixíndote ao e-mail bitnos@bitnos.info. Se achas que os teus dereitos foron vulnerados, podes presentar unha queixa ante a AEPD.