Sobre min

Son Maria Frá, apaixonada das plantas, dos saberes antigos, dos faceres artesaos.

Desde 2019, a miña vida profesional e persoal xira en torno á divulgación e a creación, baixo a marca “Devagar”. A miña traxectoria nace da vontade de recuperar e compartir o patrimonio etnobotánico galego, combinando o coñecemento popular coa ciencia fitoterapéutica e as tradicións médicas antigas. Ademais da docencia, son autora do libro “Remedios da nosa horta medicinal” (Editorial Baía, 2019), unha guía que recolle anos de investigación e vivencia coa nosa flora.

A miña formación é un mestura única de saberes: a aprendizaxe vivencial da recollida de plantas, o contacto humano coas portadoras das historias sobre elas, e a contrastación bibliográfica das suas propiedades. Tamén estudiei medicinas antigas e terapias manuais (Medicina tradicional China e medicina Tradicional do Mediterraneo, quiromasaxe…) para tratar de entender as prácticas das nosas avoas.

Tirando deste fio é que cehguei ao mundo da cosmética e do xabón, para comprender que a elaboración artesá é un bálsamo de paz e presencia nestas vidas modernas tan apuradas! O meu obxectivo é crear espazos de conexión, autocoidado e empoderamento, especialmente para as mulleres, a través de experiencias lúdicas, educativas e sostibles.



Competencias Principais

  • Divulgación Botánica: Capacidade para transformar coñecementos complexos sobre plantas en obradoiros accesibles, divertidos e útiles.
  • Cosmética e Artesanía: Elaboración de xabóns, cremas e velas naturais (carta de artesanía) con materias primas locais e sostibles.
  • Terapias Manuais e Benestar: Aplicación de técnicas de quiromaxaxe e acupuntura para o benestar físico e emocional.
  • Empoderamento femenino: Deseño de programas formativos que fomentan a autonomía e cuestionan o auto-ódio, especialmente en entornos rurais.
  • Escritura e Creación: Autoría de guías prácticas que unen tradición e ciencia.
  • Xestión de Proxectos Educativos: Adaptación de contidos a diferentes públicos (escolas, concellos, asociacións, colectivos feministas).

Experiencia Profesional

No ano 2019, a experiencia adquirida na divulgación de saberes relacionados coas plantas medicinais, lévame a profesionalizar a actividade e nace “Devagar”, a marca coa que veño realizando esta actividade a partir de entón.

Son algúns exemplos deste traballo, en colaboración tanto con entidades públicas como privadas, estes talleres e obradoiros realizados por toda a xeografía galega .

(A miña lista de cursos no google maps ten mais de 70 entradas!)

Aqui fomos Devagar… (2019-2026)

  • Plantas medicinais / Programación de lecer xuvenil. Sustinea (Maus de Salas), novembro de 2019.
  • Taller “Herbas Medicinais do noso entorno”. Mancomunidade de Verín (Monterrei, Verín e Laza), xuño de 2020.
  • “Plantas das mulleres” / Programa Xuntas e Revoltas. CIM Ponteareas, xuño de 2020.
  • “Saberes das mulleres” / Pactos de estado contra a violencia de xénero. Concello da Mezquita, xuño de 2020.
  • “Remedios da nosa flora medicinal”. Asociación de Mulleres Rurais Pegureiras (Allariz), setembro-outubro de 2020.
  • “Un botiquín vivo na xanela”. Asociación cultural e Xuvenil Ítaca (Santiago de Compostela), novembro de 2020 e 2021.
  • “Plantas medicinais: Identificación e aproveitamento”. Asociación Terras de Valcarce (Sobrado dos Monxes), outubro de 2019 e novembro de 2020.
  • “Identificación e uso de plantas medicinais”. Concello de A Teixeira, xullo de 2021.
  • Curso de cosmética natural con plantas medicinais do noso entorno. Atelier Social SL (San Xoán de Rio), setembro de 2021.
  • Curso “Manipulación, transformación e comercialización de produtos vinculados a empresas do medio rural. Transformación e elaboraciones con plantas aromáticas e medicinais”. Asociación Labregas (Xunqueira, Chantada, Xinzo de Limia e Vedra) en 2021; Betanzos en xullo e setembro de 2022.
  • Docencia da acción formativa: “Herbas medicinais do noso entorno. Identificación e uso” para o profesorado do CIFP Portovello (Ourense), setembro de 2021.
  • “Mulleres e aproveitamento das plantas medicinais do noso entorno”. Concello de Coles, maio de 2022.
  • Taller de elaboración de xabón natural. Centro Sociocomunitario Viana do Bolo, xuño de 2022.
  • Taller de plantas medicinais e taller de cosméticos elaborados con plantas medicinais do entorno. Centro Sociocomunitario Viana do Bolo, outubro-novembro de 2022.
  • Obradoiro “Alucina coa alquimia!”: Conceptos de botánica, química e filosofía a través da formulación de cosméticos. Área de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica. Deputación de Lugo, xaneiro de 2023.
  • Obradoiro “Herbas de San Xoán”. Centro Sociocomunitario O Carballiño, xuño de 2023.
  • Obradoiros de “Herbas das mulleres”, cosmética e xabón natural realizados ao abeiro do Pacto de Estado 2022-2023 nos concellos de A Gudiña, Rios, A Mezquita, Cualedro, Castrelo do Val, Verín, Laza, Vilardevós, Monterrei e Oimbra.
  • “Plantas Medicinais. Identificación e elaboración de plantas da nosa contorna”. Labrecos Soc. Coop. Galega (Cesuras), maio de 2023.
  • Taller “Herbas Medicinais”. Asociación Nordés (Ortigueira), maio de 2023.
  • Taller de xabón e taller de cosmética natural. Asociación de Residencias de Iniciativa Social de Galicia, Centro Sociocomunitario Ponte Pelamios (Ourense), xullo e agosto de 2023.
  • “Xabón con ingredientes naturais e técnicas de decoración”. Asociación de Mulleres Rurais “Pegureiras” (Allariz), outubro de 2023.
  • “Herbas para a (c)alma”. Asociación cultural e Xuvenil Ítaca (Santiago de Compostela), decembro de 2023.
  • Obradoiro de xabón natural (6 horas). CIM Teo, decembro de 2023.
  • Centro Sociocomunitario O Calvario (Vigo). Obradoiro de cosmética natural.
  • Obradoiros “Herbas das mulleres” con motivo da programación do día da muller (Mourisca e Penouta). Concello de Viana do Bolo, abril de 2024.
  • Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024. Programa “Tempo de autocoidados: empoderamento da muller rural”. 2 talleres de coidados naturais. Concello de Laza, xuño de 2024.
  • Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024. Programa “Tempo de autocoidados: empoderamento da muller rural”. Taller de coidados naturais. Concello de Cualedro, xuño de 2024.
  • Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024. Programa “Tempo de autocoidados: empoderamento da muller rural”. Taller de coidados naturais. Concello de Castrelo do Val, xuño de 2024.
  • Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024. Programa “Tempo de autocoidados: empoderamento da muller rural”. Senda Menciñeira. Concello de Oímbra, xuño de 2024.
  • Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024. Programa “Tempo de autocoidados: empoderamento da muller rural”. 3 talleres de coidados naturais. Concello de Monterrei, xuño de 2024.
  • Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024. Programa “Tempo de autocoidados: empoderamento da muller rural”. Taller de coidados naturais. Concello de Oimbra, xuño de 2024.
  • Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024. Programa “Tempo de autocoidados: empoderamento da muller rural”. Senda menciñeira. Concello de Monterrei, xuño de 2024.
  • Docencia do obradoiro “Sendas menciñeiras” (2 horas e media). Centro Sociocomunitario O Carballiño, xuño de 2024.
  • Obradoiro “Herbas das mulleres”. Atelier Social SL (Maceda), xuño de 2024.
  • Obradoiros “Coidados Naturais”. Asociación de Residencias de Iniciativa Social de Galicia (Ribadavia), xullo de 2024.
  • Obradoiros “Coidados Naturais”. Asociación de Residencias de Iniciativa Social de Galicia (Pontepelamios, Ourense), xullo de 2024.
  • Docencia do curso “Plantas medicinais” (4 sesións: 11, 18, 25 de xuño e 2 de xullo). Sindicato Labrego Galego (Outeiro de Rei, Lugo), xullo de 2024.
  • Docencia do curso “Obradoiro de identificación, transformación e elaboración de plantas medicinais” (20 horas, 8 sesións). Centro Sociocomunitario de Ribadavia, outubro de 2024.
  • Docencia do curso “Obradoiro Xabón e Cosmética Artesanal” (10 horas, 4 sesións). Centro Sociocomunitario de Ribadavia, outubro de 2024.
  • Docencia do curso “Coidados Naturais” (6 horas, 2 sesións). Asociación de Mulleres Rurais As Pegureiras (San Mamede de Urrós), outubro de 2024.
  • Docencia do curso “Herbas das mulleres: Partilla de saberes sobre remedios tradicionais” (1,5 horas). CIM Teo, outubro de 2024.
  • Docencia do curso “Identificación, transformación e elaboración de plantas medicinais” (6 horas, 2 sesións). Avv Rabo de galo (Ourense), novembro de 2024.
  • Obradoiro de xabón e cosmética natural (7 horas, 4 sesións). Centro Sociocomunitario O Calvario (Vigo), novembro-decembro de 2024.
  • Obradoiro de xabón natural (6 horas, 2 sesións) no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero 2024. Concello de Carballedo (Lugo), decembro de 2024.
  • Obradoiros de xabón natural (Programa “Vive o Nadal”). Concello de Santiago de Compostela (Centros Cívicos), decembro de 2024.
  • Docencia do obradoiro “Identificación e elaboración de plantas medicinais”. Centro Sociocomunitario O Carballiño, decembro de 2024.
  • Obradoiro de xabón natural. Concello de Teo, xaneiro de 2025.
  • Obradoiro de xabón medicinal e natural (6 horas). Consellería de Política Social e Igualdade (Ourense), marzo de 2025.
  • Obradoiro de autocoidado e xabóns naturais (actividade 8M). Concello de Avión, marzo de 2025.
  • Obradoiro de xabón natural (dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero). CIM Noia, marzo de 2025.
  • Docencia do curso “Plantas aromáticas y medicinales” (3 sesións: 5, 12 e 13 de abril). Sindicato Labrego Galego (A Pastoriza, Lugo), abril de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Deseño artístico de xabóns” (6 horas, Escola de Empoderamento). Concello de Avión (via Atelier Social SL), abril de 2025.
  • Docencia do obradoiro de plantas medicinais (1 sesión). Concello de Ourense (CIM), abril de 2025.
  • Docencia do curso “Plantas aromáticas y medicinales” (3 sesións: 9, 10 e 11 de maio). Sindicato Labrego Galego (Láncara, Lugo), maio de 2025.
  • Docencia da jornada “Emprendimiento Femenino Sostenible”. AMFAR (Sede GDR Mariñas-Betanzos), xuño de 2025.
  • Docencia do programa “Empodérta: Fórmate no Rural”. Obradoiro artesanal de plantas medicinais (22 horas, abril-xuño). Concello de Carballeda de Avia, xuño de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Cosmética natural I”. Asociación de Residencias de Iniciativa Social de Galicia (Maceda), xullo de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Xabón natural”. Naturoteca S. Coop. Galega (Vigo), xullo de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Cosmética natural I”. Asociación de Residencias de Iniciativa Social de Galicia (Pontepelamios, Ourense), xullo de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Xabón natural”. Asociación de Residencias de Iniciativa Social de Galicia (Pontepelamios, Ourense), agosto de 2025.
  • Impartición de obradoiros de xabóns (24 horas). Programa de Promoción da Igualdade e Prevención de Violencia de Xénero. Mancomunidade Terra de Celanova, setembro de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Sendas menciñeiras” (2 horas e media, paseo termal de Barbantes). Concello de Cenlle (via Atelier Social SL), outubro de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Iniciación á cosmética natural con plantas medicinais do noso entorno” (Día da Muller Rural). Concello de Teo, outubro de 2025.
  • Docencia do curso de Plantas medicinais, Cosmética Natural e Sendas menciñeiras (3 sesións: 14, 21 e 28 de outubro). Asociación de Mulleres Rurais de Lestedo, outubro de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Botiquín vivo na xanela” (2 horas, proxecto “NoitesAlternas”). Asociación Cultural e Xuvenil Ítaca (Santiago de Compostela), novembro de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Introdución á cosmética natural” (2 horas, proxecto “NoitesAlternas”). Asociación Cultural e Xuvenil Ítaca (Santiago de Compostela), novembro de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Cosmética natural con plantas medicinais do entorno” (Departamento de Igualdade, San Martiño). Concello de Teo, novembro de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Xabón de Nadal” (2 sesións). Centro Sociocomunitario de Coia (Vigo), novembro de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Xabón de Nadal” (2 sesións). Centro Sociocomunitario do Calvario (Vigo), decembro de 2025.
  • Docencia de dous obradoiros de “Xabón de Nadal” (12 horas en total). Centro Sociocomunitario de Maceda, decembro de 2025.
  • Docencia do Obradoiro “Xabón de Nadal” (6 horas). Concello de Avión (via Atelier Social SL), decembro de 2025.
  • Docencia e desprazamento do proxecto “Formulación e elaboración de xabóns” (8 horas). CIFP Politécnico de Lugo, febreiro de 2026.
  • Docencia do Obradoiro “Herbas para Namorar” (3 horas, proxecto “Convivere”). CIM Ourense, febreiro de 2026.
  • Docencia do Obradoiro “Cosmética Natural con plantas medicinais do entorno” (actividades 8M). Concello de Avión (via Atelier Social SL), marzo de 2026.

Scroll to Top