Obradoiros de xabón artesanal
Unha proposta para recuperar a tradición xaboeira, aprender técnicas seguras e explorar o xabón como ferramenta de coidado, expresión artística e sustentabilidade.
Aprender a crear coas mans
Os obradoiros de xabón artesanal combinan coñecemento, práctica e creatividade.
As persoas participantes descobren:
- as bases da saponificación artesanal
- o uso de aceites vexetais e ingredientes naturais
- as propiedades das plantas medicinais no coidado da pel
- técnicas de cor, aroma e deseño
- métodos de decoración e presentación sostible
- recursos para seguir creando na casa
Un espazo para experimentar, aprender unha técnica tradicional e transformar ingredientes sinxelos en pezas útiles, fermosas e únicas.
Inclúen:
Materias primas naturais e de calidade: aceites, esencias, colorantes naturais…
Apuntes en formato pdf de mais de 25 páxinas
Tres xabóns feitos no obradoiro para cada participante
Obradoiros dispoñibles






Benestar, cultura e creatividade
Os obradoiros de xabón artesanal unen:
- benestar e coidados
- cultura material e tradición
- creatividade e expresión persoal
- consumo responsable
- sustentabilidade e redución de residuos
- aprendizaxe de habilidades con posible saída profesional
Unha experiencia moi versátil, adaptable a públicos diversos e con grande capacidade de dinamización comunitaria.