
Obradoiros de benestar e saberes naturais
Obradoiros pensados para públicos diversos, con formatos adaptables e unha metodoloxía práctica, participativa e vivencial.
Formación en plantas medicinais, cosmética, xabón artesanal e coidados naturais para concellos, asociacións, centros sociais, espazos culturais e outros colectivos.
En Devagar deseñamos experiencias formativas para aprender, crear coas mans e recuperar a sabedoría tradicional, conectando o benestar, a cultura e a riqueza do noso entorno.

Liñas de obradoiros
Herbas Medicinais
Espazos para aprender a identificar plantas do entorno, coñecer os seus usos e recuperar a medicina popular desde unha perspectiva actual.
Inclúe propostas como:
identificación de herbas medicinais
botiquín natural
remedios de tradición oral
usos culturais e historia popular
Ideal para programas de saúde, cultura, patrimonio e envellecemento activo.

Cosmética Natural
Obradoiros para aprender a elaborar produtos de coidado persoal con ingredientes naturais e plantas medicinais.
Inclúe:
champús
cremas faciais e corporais
bálsamos labiais
desodorantes
xeles de ducha
pasta de dentes
Unha proposta de benestar, autonomía e saúde da pel.

Xabón artesanal
Elaboración de xabón con ingredientes naturais.
Unha das propostas máis versátiles e demandadas.
Modalidades:
xabón medicinal
deseño artístico
fantasías de xabón
xabóns temáticos (Nadal, agasallos, campañas especiais)
Perfecto para programacións culturais, creativas e de benestar.
Limpeza natural, libre de tóxicos e aforro doméstico
As persoas participantes aprenden a elaborar:
xabóns multiusos
Reciclado de aceites usados
limpadores naturais
ambientadores
produtos para roupa
receitas para cociña e baño
Ideal para programas de sostibilidade, reciclaxe e consumo responsable.

Outras propostas Devagar
Alucina coa alquimia!
Un obradoiro especialmente pensado para público infantil, familiar ou interxeracional, no que mesturamos plantas, cosmética, ciencia e creatividade.
A través da elaboración de:
- champú
- bálsamo labial
- maquillaxe e pintura facial natural
trabállanse conceptos de:
- botánica
- química
- matemáticas
- formulación
- extracción de principios activos
Unha proposta moi atractiva para programación infantil, ANPAS, bibliotecas, museos e actividades familiares. Ofrécese para grupos de nenos e nenas acompañados por unha persoa adulta.

Coidados naturais
Un obradoiro centrado na saúde como equilibrio entre corpo, mente, emocións e entorno, inspirado na visión das terapias naturais e na tradición dos coidados populares.
Ao longo da experiencia trabállanse hábitos saudables, os seis factores hixiénicos da medicina tradicional europea e ferramentas para construír unha folla de ruta persoal do benestar.
Na parte práctica aprendemos remedios e técnicas de uso externo como:
- cataplasmas e emplastos
- compresas frías e quentes
- tratamentos con arxilas para inflamación e dor muscular
- máscaras faciais con arxilas cosméticas
- masaxe e automasaxe
- pediluvios e baños de mans
- técnicas tradicionais para o alivio de dores e tensións
Inclúe elaboracións con plantas medicinais como sabugueiro, malva, língua de ovella, herba dos carpinteiros, romeu ou árnica, integrando saberes tradicionais e recursos accesibles para o coidado diario.

Todas as propostas poden adaptarse a:
- igualdade
- saúde comunitaria
- benestar
- dinamización rural
- cultura tradicional
- medio ambiente
- actividades familiares
- mocidade
- envellecemento activo
- programacións estacionais
- datas sinaladas como 8M, Nadal ou Samaín
Cada actividade deseñase en función do grupo, da duración e dos obxectivos da entidade.
