Obradoiros de benestar e saberes naturais

Formación en plantas medicinais, cosmética, xabón artesanal e coidados naturais para concellos, asociacións, centros sociais, espazos culturais e outros colectivos.

En Devagar deseñamos experiencias formativas para aprender, crear coas mans e recuperar a sabedoría tradicional, conectando o benestar, a cultura e a riqueza do noso entorno.

Hypericum perforatum.

Herbas Medicinais

Espazos para aprender a identificar plantas do entorno, coñecer os seus usos e recuperar a medicina popular desde unha perspectiva actual.

Inclúe propostas como:

identificación de herbas medicinais

botiquín natural

remedios de tradición oral

usos culturais e historia popular

Ideal para programas de saúde, cultura, patrimonio e envellecemento activo.

Cosmética Natural

Obradoiros para aprender a elaborar produtos de coidado persoal con ingredientes naturais e plantas medicinais.

Inclúe:

champús

cremas faciais e corporais

bálsamos labiais

desodorantes

xeles de ducha

pasta de dentes

Unha proposta de benestar, autonomía e saúde da pel.

Xabón artesanal

Elaboración de xabón con ingredientes naturais.

Unha das propostas máis versátiles e demandadas.

Modalidades:

xabón medicinal

deseño artístico

fantasías de xabón

xabóns temáticos (Nadal, agasallos, campañas especiais)

Perfecto para programacións culturais, creativas e de benestar.

Fogar limpo e saudable

Limpeza natural, libre de tóxicos e aforro doméstico

As persoas participantes aprenden a elaborar:

xabóns multiusos

Reciclado de aceites usados

limpadores naturais

ambientadores

produtos para roupa

receitas para cociña e baño

Ideal para programas de sostibilidade, reciclaxe e consumo responsable.

Alucina coa alquimia!

Un obradoiro especialmente pensado para público infantil, familiar ou interxeracional, no que mesturamos plantas, cosmética, ciencia e creatividade.

A través da elaboración de:

  • champú
  • bálsamo labial
  • maquillaxe e pintura facial natural

trabállanse conceptos de:

  • botánica
  • química
  • matemáticas
  • formulación
  • extracción de principios activos

Unha proposta moi atractiva para programación infantil, ANPAS, bibliotecas, museos e actividades familiares. Ofrécese para grupos de nenos e nenas acompañados por unha persoa adulta.

Coidados naturais

Un obradoiro centrado na saúde como equilibrio entre corpo, mente, emocións e entorno, inspirado na visión das terapias naturais e na tradición dos coidados populares.

Ao longo da experiencia trabállanse hábitos saudables, os seis factores hixiénicos da medicina tradicional europea e ferramentas para construír unha folla de ruta persoal do benestar.

Na parte práctica aprendemos remedios e técnicas de uso externo como:

  • cataplasmas e emplastos
  • compresas frías e quentes
  • tratamentos con arxilas para inflamación e dor muscular
  • máscaras faciais con arxilas cosméticas
  • masaxe e automasaxe
  • pediluvios e baños de mans
  • técnicas tradicionais para o alivio de dores e tensións

Inclúe elaboracións con plantas medicinais como sabugueiro, malva, língua de ovella, herba dos carpinteiros, romeu ou árnica, integrando saberes tradicionais e recursos accesibles para o coidado diario.

  • igualdade
  • saúde comunitaria
  • benestar
  • dinamización rural
  • cultura tradicional
  • medio ambiente
  • actividades familiares
  • mocidade
  • envellecemento activo
  • programacións estacionais
  • datas sinaladas como 8M, Nadal ou Samaín

Cada actividade deseñase en función do grupo, da duración e dos obxectivos da entidade.

Queres organizar unha actividade?

Scroll to Top